
odio facer as maletas.
inserín miles de cousas que aínda non sei se vou utilizar, todas revoltas.
.
ceo ás mileunha, rápido e mal, deixo carne que sobra picada no conxelador, a ver se aínda segue ai cando volva dentro dun mes. no telexornal un home matou á súa muller e aos seus dous fillos. por problemas económicos. os veciños non entenden. eran felices.
.
semellaban felices.
.non darei durmido, odio os avións.
penso na casa de iria. levo estrella galicia. penso nos cataláns. na sagrada familia. no parque güell. levo libros;
emma couceiro e
francisco castro.
.
a maleta segue a medio facer.
.
penso en cadaqués, en dalí, nos sitios que sempre quixen visitar e non visitarei.
creo que me van requisar algo no aeroporto.
.
fóra chove.
.
teño que chamar a belén. volvo pensar nos cataláns, en
xavier sabater.
deixo notas de cores por toda a casa, para cando volvas.
odio a teletenda.
.
beberemos estrella en barcelona i cantaremos as cancións que cantabamos en compostela, sóbor da pedra mollada que privilexio, e xa falta menos.
.
fóra chove máis.
.