28.9.08

isto pide non ter título [ou non lembro que título debería ter]



adormezo pensando nun texto anegado por algunha substancia da memoria. parece que afogou o bosco. parece que os soños novelados nunca chegaron a ser escritos.(*1)
desfollo libros.
énchese un charco. e algo hai que parece decidir que nada disto me pertence.
dubido-levito-dubido-levito.
deberías saber que de nena soñaba que perdía os dentes.
o corpo despréndese, divídese en partes, afogo nos meus delirios.
deberías saber que soñaba con guerras e incendios.

desfollo libros.
arde o charco. (*2)

despois de escribir isto libero un poema que viaxou durante días.
un poema que se cruzou con outros poemas.
unha páxina tocada por outra man, dobrada por outra man.
e eu persigo os rastros: debuxo cos dedos nos versos.

[deberias saber que conto as veces que entras nesta páxina]





(*1)

Agardaba ingrávida a esculca alén do abismo da raizame: como unha
orde disparoulle un verbo ao tempo: e foi o volcán do ser : e foi fin e
inicio: preñou o baleiro de voz: a través do útero da luz emerxeu o
verso: todo o ser aquí, agora, nesta noite, foi eterno ata a amencida.



(*2)
patterns in the ivy II_opeth





24.9.08

de taboada

reatoparse por casualidade con algúen do pasado que apenas lembras sempre é interesante, cando ese alguén resulta ser este home e canta así.

17.9.08

tránsito outonal

[ así penso estes días ]

13.9.08

5.9.08

café



é fabuloso
incrible de caer
o café a voltas
e as mans molladas
en postura fermosa

1.9.08

polen


era aquel,
o noso,
un mar morno de recordos

saudade que vai e vén
o compás
do batir duns corazóns
aborrecidos e cansos
de ficar tan sós nun só peito

[texto e imaxe: onionboy]

e parece que xa vai entrando o outono, nonsi?