adormezo pensando nun texto anegado por algunha substancia da memoria. parece que afogou o bosco. parece que os soños novelados nunca chegaron a ser escritos.(*1)
desfollo libros.
énchese un charco. e algo hai que parece decidir que nada disto me pertence.
dubido-levito-dubido-levito.
deberías saber que de nena soñaba que perdía os dentes.
o corpo despréndese, divídese en partes, afogo nos meus delirios.
deberías saber que soñaba con guerras e incendios.
desfollo libros.
arde o charco. (*2)
despois de escribir isto libero un poema que viaxou durante días.
un poema que se cruzou con outros poemas.
unha páxina tocada por outra man, dobrada por outra man.
e eu persigo os rastros: debuxo cos dedos nos versos.
[deberias saber que conto as veces que entras nesta páxina]
(*1)
Agardaba ingrávida a esculca alén do abismo da raizame: como unha
orde disparoulle un verbo ao tempo: e foi o volcán do ser : e foi fin e
inicio: preñou o baleiro de voz: a través do útero da luz emerxeu o
verso: todo o ser aquí, agora, nesta noite, foi eterno ata a amencida.
(*2)
patterns in the ivy II_opeth
