29/12/08

espertar

-Lembras os tres fanais acesos?

-E había algo como unha canción estranxeira soando preto. Así si que daba gusto que entrase luz.

-Deberías lembralo con exactitude.

-Pero a memoria é unha desfiguración enfeitada.

-Non sei se estás aquí realmente. Talvez só existas nesta páxina. Ou o que sería peor; tan só na miña cabeza.

-A imaxinación é algo poderoso. Eu, agora, de querer, podería trasladarme nun segundo ou menos a Marte.

-Pero iso é perigoso. Eu, ás veces, penso na posible existencia de extraterrestres. Ou son gatos?

-Creo que eran gatos. Pedían comida.

-Si. Daba gusto. Espertar é complicado.



25/12/08

instant



















a distáncia
do moviment e llum
seqüència do ritme 
no instant


16/12/08

territorio de secura


















El negro de humo el negro animal el negro negro
se han dado cita entre dos monumentos a los muertos
que podrían ser tomados por mis orejas 
donde el eco de tu voz de fantasma de mica marina 
repite indefinidamente tu nombre a
que se asemeja tanto a lo contrario de un eclipse de sol
que yo me creo cuando me miras
una planta de espuela de caballero en una heladera cuya puerta
                    abrieras
con la esperanza de ver escaparse una golondrina de petróleo
                    inflamado
pero de esa planta brotará una fuente de petróleo flamígero
si así lo quieres
como una golondrina
quiere la hora de verano para tocar la música de las tempestades
y la produce al modo de una mosca
que sueña con una telaraña de azúcar
en un vaso de ojo
a veces azul como una estrella fugaz reflejada por un huevo
a veces verde como un manantial que brota de un reloj



imaxe: territorio de secura

08/12/08

vidro

video

05/12/08

el deseado


chegaron cartas virtuais con sorpresa. palabra galega en man valenciá;

noutra vida 

puideches ser rei, árbol ou koala. latexo. chiste. moeda. 

pingüín.

estrela.


imaxe : el deseado

(alfredo j. pardo)


03/12/08

esta é a película:

Hoxe resultou estraño escribirche nas paredes.

Hoxe pensei nos versos que deixei na Casa; falaban de carbón ou tinta e dos teus dedos. Ti lembraches campanarios, espellos que decidiu romper esta noite, doadamente, como se non fora con ela. Eu descosín lavabos. Aínda non sabes que as plumas deixaron de habitalos. Pero algunhas fotografías menten. Ou omiten dicionarios.

Na miña axenda contrastan onte e hoxe, nada e non hai espacio, amencer e desamencer,             é o que consinto.                                                                                                                                           Pero as datas son un engano. Sobra espacio. E os dicionarios omiten significados.

Quero pensar fortemente que a vila fica en silencio. De cando en vez deixo contaxiarme. O amencer non trouxo nin sono nin soño e decidín agochar os versos e non visitalos.                     

Sen embargo escribo cartas. Asolagada do monocromatismo desta película que me parece fermosísimo. Porque todo sucedeu así, nunha secuencia que agora semella muda.                  (aínda que todo fora ruído fascinante...aínda que...                                                                          agora semella muda)


[         dioivo        ]





02/12/08


ferve a cidade con calefaccións de instante

quero rachar este reloxo dixital

e averiguar se no fondo da escena había mar

deserto

ou montaña


(ti nunca camiñarás esta terra

           esta que se atormenta e repite

                                    esta que canta diluvios de area)


e nada importa xa a velocidade

a travesía

o barco

o diluvio

os cometas


(e ela

ella oblida el llenguatge

ella oblida la llengua

así,

con respiración

de poema)



(e nada importa xa a casualidade

os motivos

as carreteras)