as liñas
difuminadas
texen xeroglíficos por detrás
como días de choiva no balcón
no que ti tampouco estás
as moscas
na cabeza
non teñen dereito ao silencio
as curvaturas
son traxes
para o inconcreto
aínda parece que estás aquí
con toda a hedra rebosando por fóra
e o turbio do viño no estómago
je tuve y no
retuve
berra o paxaro con pernas
dende a parede
(os lunares tolean
os lunares tolean)
a cabeza, nebulosa de orión,
sobre unha árbore
seca
(e toda a cidade
saíndo da cona)
(os dedos
nas fotografías dixitais
nos debuxos dixitais
non senten)