16.8.13

Non lembrar por que é inverno

e sentarnos coas pernas abertas
como cando merendabamos paraguaios na praia de Louro.

Entón Os Camiños Secretos, Os Agochos Secretos,
a luz da tardiña caendo
sobre as choupanas construídas con sabas limpas.
A casa anárquica.

Non lembrar por que é inverno agora,
o mundo en guerra, esta parte queimada
do poema.

Ninguén perseguirá
o meu rostro
nin o rastro
desta voz
quebrada.


De Abecedario Póstumo
Espiral Maior, 2013


No hay comentarios:

Publicar un comentario