22.9.09

setembro ou azul

rachar o flequillo ao chou e a ver que pasa coas formas máis azuis de parede vella
as manchas cada día son máis manchas

matar a Artaud nunha maleta e pedir prestado un caderno ou mercalo ou roubalo
qué máis dá
porque hoxe faláronme de palabras das que xa coñecía todos os significados posibles
se é que iso é posible

boh; así é perder ben o tempo

xa vai mediado setembro e non sei onde deixei as tardes planas
prepárome para o ruído entre as costelas
recordo conversas sobre comas (masculino plural), arañeiras,
pelo rizo, camisa de flores.
prepárome ás 03,14 h.
gatas cazan moscas

pero isto
coño
isto aínda non é unha Ilustración

decidirse a mercar calzado novo dana os pés. por iso nunca me decido a decidirme. por iso os meus zapatos están vellos, rotos, e gardan tardes planas que non sei onde metín. pero penso en escaparates de poemas. penso en talvez. en ramificacións.
preto de min pasan ou pasaron tan só dous valencianos. A Vicent escólloo para que faga de puta loira nun documental sobre rinocerontes. A Alfredo escólloo para que me escolla para correr detrás dun pavo azul.

gústame tanto o polo que ás veces quero ser galiña. non sei que pasa ultimamente con Svankmajer, non consigo que salga dun dvd dentro dun plástico. é polo sofá azul.
supoño que.

2 comentarios:

  1. e eu pregúntome quen será o polo que te afasta deste mundo mundán que non fai que te mergullar no teu mundo non-mundán e que é...que é...


    pásao ben mediterráneamente falando...é pasao ben bohemiamente sendo...xa que todo o que non é máis que iso...da noxo este verán!


    eu quixera ser ovo, pra entender ás galiñas


    ou galinhas, xa postos.

    ResponderEliminar