Percorrer a planos fixos un edicificio de vivendas abandoado, no centro da cidade, e fóra o tráfico, o comercio, o tempo, o continuo travelling.
***
Entrar nunha tenda de segunda man e rescatar a Miguel Hernández dun estante de novelas históricas e novelas románticas.
***
Rescatalo por 2 Euros.
***
Lembrar de principio a fin El Padrenuestro.
***
Decatarte de que o lembras de principio a fin.
***
Non poder atravesar a rúa das putas porque hai escavadoras a tutiplén.
***
Ter que dar a volta.
***
Deixar o libro de dous euros sobre unha morea de libros de poesía a medio ler -todos e cada un- que hai aquí, a man esquerda, por se acaso. Por se acaso o tempo. Por se acaso o tráfico.
te recomiendo el blog de fernanado callero, escritor que te puede gustar http://marlboroblog.blogspot.com/
ResponderEliminarLeer el mundo blog, bastante bueno
ResponderEliminar