Publicada por Bubela e da man de Manuel Celso Matalobos e Olga Patiño chega esta antoloxía, na que, ademais destes dous autores, participan Carlos Arias, Xesús Alfonso Parada, Mariña Pérez Rei, Xesús Manuel Valcárcel e eu mesma. Fala disto Armando Requeixo no seu blogue, Criticalia.
Aquí deixo unha pequeniña parte do meu texto, Dororothy tampouco estaba alí: teoría da casa, elaborado a partir de varias publicacións que tiveran lugar neste blogue entre 2009 e 2010.
(VII)
-Paseando cheguei a unha zapatería onírica.
-Eu estiven sempre aquí.
-Os zapatos, creo, teñen moito que ver cos soños.
-Si...ou coa liña.
-Queres dicir coa ficción?
-Algo así.
-Dorothy tampouco estaba alí.
-Na zapatería?
-Na liña tampouco.
-Dá igual. TI SIGUE O CAMIÑO DE BALDOSAS AMARELAS.
Estupenda a túa participación no volume, Cristina. Densidade poética, abisal pensamento.
ResponderEliminarSaúdos cordiais.
Armando Requeixo