Hai nenos
xogando nas prazas
sen nome. A sintaxe
derrama os gritos
en códigos
binarios.
O alarido sustitúe
á beleza
e fai do mundo
unha flor nuclear.
O meu corpo antes
non era este.
O meu corpo non era.
Pero hai que poñer
dúas lavadoras e arranxar a
/Thermomix.
Hai nenos xogando a
ser outros
co cabelo sucio
e a roupa rota.
Hai nenos xogando a
ser mortos.
Cómo moriste la
muerte –pregúntanse– cómo moriste
la vida.
Soan
miles de teléfonos ao mesmo tempo,
soa
un abismo nas cornixas do teu hipocampo,
respondes
aquí non é con total
indiferencia.
No
bloque contiguo tendo as bragas, suicídaseme
a
cafeteira, esnaquízanseme as palabras: ¿Cómo morí
la vida?
Estamos
feitos de finais falsos,
as
aforas
envellecen,
o
silencio
desaparece,
a
túa imaxe
encolle.
E cae xente dos
edificios,
vasos de plástico
cubren
o asfalto, irrompe
en perigo de
extinción
un paxaro
contra o teu vidro
alérxico.
Pasa un transeúnte
entre as ratas.
Pasa un transeúnte
sen conciencia nin aire.
O seu corpo antes
non era ese.
Ao outro lado da
pantalla,
ti
en inverno.
E non queda neve no
teu brazo.
Somos illas,
androides sen capas
de pel nin esperma
e mutilados.
Velenísimos.
Unha vaca pisa unha
lata de Coca-Cola
e confírmase a
interferencia:
as librarías son
restos arqueolóxicos,
a lóxica abrasa o
teu corpo,
o teu corpo en
píxeles
evapórase.
Alguén sintoniza un
canal extinto e explota un tobogán
no parque máis
próximo.
(Alguén sintoniza
un canal extinto
e:
Era inverno.
Estabas
xa morto.
Entón
nos
amábamos.
A Terra
aínda non era redonda
e as avoas
falaban cos lobos
e sentían
ata a medula
aquelas
cicatrices.
Os
dicionarios significaban
obertura e cadencia.
Era inverno.
E detrás
del, tamén a neve.
Pasa un transeúnte
e o seu alarido.
Os animais habitan a
Fnac e o amor é un dormitorio baleiro pintado de branco,
unha arquitectura
postmodernísima e fea.
O
peso dos obxectos tende a 0.
O
amor tende a 0
graos
baixo
a túa blusa.
Baixo
a túa blusa, que antes era un poema e agora é trapo.
–E agora era tempo–
Nenos sen nome
xogan
nas prazas.
[Fragmento de As paisaxes eléctricas
Proximamente]