25/11/08


a partir desta liña ela olvida as palabras,
os dicionarios, as noites de vixilia 
e os paxaros

a partir de aquí, ela perde os sentidos
as carreteras, as noites de sono e os motivos:
a parte de fóra do seu corpo invéntase a si mesma

a partir de ti,
ela perde a fala,
os semáforos:
olvida as datas e a partir de aquí
ela
crea o escenario:

ti falas os teus soños
dentro dunha película de cine mudo


2 comentarios:

incomunidade dijo...

ortografado em português na incomunidade

Lasosita dijo...

Alédome de lerte, esas verbas coas que fas espazos tan prezosos!!
un bico, Cristinha!