2.12.08


ferve a cidade con calefaccións de instante

quero rachar este reloxo dixital

e averiguar se no fondo da escena había mar

deserto

ou montaña


(ti nunca camiñarás esta terra

           esta que se atormenta e repite

                                    esta que canta diluvios de area)


e nada importa xa a velocidade

a travesía

o barco

o diluvio

os cometas


(e ela

ella oblida el llenguatge

ella oblida la llengua

así,

con respiración

de poema)



(e nada importa xa a casualidade

os motivos

as carreteras)



2 comentarios:

  1. Cristinha, me gusta este poema, esa forma tuya tan especial de decir, sentimientos. Un abrazo.

    ResponderEliminar