29/12/08

espertar

-Lembras os tres fanais acesos?

-E había algo como unha canción estranxeira soando preto. Así si que daba gusto que entrase luz.

-Deberías lembralo con exactitude.

-Pero a memoria é unha desfiguración enfeitada.

-Non sei se estás aquí realmente. Talvez só existas nesta páxina. Ou o que sería peor; tan só na miña cabeza.

-A imaxinación é algo poderoso. Eu, agora, de querer, podería trasladarme nun segundo ou menos a Marte.

-Pero iso é perigoso. Eu, ás veces, penso na posible existencia de extraterrestres. Ou son gatos?

-Creo que eran gatos. Pedían comida.

-Si. Daba gusto. Espertar é complicado.



3 comentarios:

Lasosita dijo...

Coma sempre, xogando coas verbas, e facendo imaxinar...
Un bico, Cristinha, e Feliz Entrada de Ano Novo!

cristinha dijo...

gracias lasosita, feliz entrada de ano a ti tamén!

Marisa dijo...

A memoria,a memoria...
¡Xoga tan malas pasadas
cando ésta deixa de ser!
Moitas apertas Cristinha,
e un bo ano novo.