13.1.09

O soño era eu dentro dun cuarto baleiro. E tamén estaba ela, unha bruxa que o meu subconsciente deu en chamar Laura. Meiga roubándome os poemas, levounos á cama e como berraba.

Pero algúns nomes non están preparados para aparecer nos soños. Poema liviano, poema famento, efémero e distorsionado. Poema na entraña, na pel de fóra esvarando estradas, arrincado da súa casa, lunática obsesión de nena morta. Asasinada.

Meiga Laura, meiga loira, maligna intrusa que me atas as pernas.

Puta que me roubas as verbas, a onde as levas? Doe escoitar os teus berros de pracer, saboreando os meus versos nunha cama esquizofrénica.

Isto non é soño é pesadelo.

Puta que me roubas os nomes, devólveme a vida e a carne miña!Os filetes dos lobos, o pelo dos gatos, os ollos dos osos e os ósos da tarde.

Puta meiga que non es desta terra, devólveme os poemas, os libros azuis, os dentes cravados no fondo do espello.

Bruxa estranxeira, non abras os meus cadernos, devólveme a vida e a carne miña!

O soño era eu e non loitaba, escapei do cuarto ao frío de fóra, á xeada de tres días antes.

O ceo era o máis fermoso en anos,

e olvidei os poemas (ou quero pensar que os olvidaba)

mentres noutros soños fabrico lumieiras.

8 comentarios:

  1. Querida Cristinha, é unha ledicia
    leerte e disfrutar destas verbas tan fermosas.
    Non deixes que che rouben os poemas,os soños,.......
    Moitos biquiños.

    ResponderEliminar
  2. Totalmente de acordo co comentario anterior...

    Esta foi unha das entradas que máis me gustou, ao mellor simplemente motivada por unha sensación similar de que esa mesma bruxa me está a roubar algo que creo tardará moito tempo en volver...

    Biquiños!!

    ResponderEliminar
  3. Era un sueño. En la vida lo que es tuyo, nadie te lo puede quitar. Precioso!!! UN BICO

    ResponderEliminar
  4. Era un sueño. En la vida lo que es tuyo, nadie te lo puede quitar. Precioso!!! UN BICO

    ResponderEliminar
  5. al final me convenciste, si. soy un facilón. enhorabuena, por cierto, ya me ha contado sergio lo de tu firma.

    me debes unas cañas.
    buen día.

    ResponderEliminar
  6. Sempre me abraias coas túas verbas!
    Un bico, Cristinha!

    Gracias por seguer a facer soños...

    ResponderEliminar
  7. (re)publicado na incomunidade
    bicos

    ResponderEliminar
  8. De lo que medio entiendo (y me-dio-me es-fuerzo), me-gusta, tiene mucha fuerza.

    P'iiiiiiBeso lunatica
    (me ha salido un ojo en un pulgar)

    ResponderEliminar