23/05/09

aínda parece que estás aquí

con toda a hedra rebosando por fóra

e o turbio do viño no estómago

je tuve y no

retuve

berra o paxaro con pernas

dende a parede


(os lunares tolean

os lunares tolean)


a cabeza, nebulosa de orión,

sobre unha árbore

seca


(e toda a cidade

saíndo da cona)


(os dedos

nas fotografías dixitais

nos debuxos dixitais

non senten)


3 comentarios:

Sir Bran dijo...

Poida ser que non sintan os dedos nas fots dixitais.
Pero si que se sinten as letras que se escriben con sentimento.
"Os lunares tolean"... é certo, pero non sei si é so a quen os ten, ou se tamén a quen os imaxina.
Foi un verdadeiro pracer encontrarme co a túa poesía en galego.
Eu non domino a nosa ingua hasta eses niveis. E as veces penso que me gustaría bastante.
Bicos... e moitas grazas po la tua visita a o meu blog.
Te poño en seguemento.

Lasosita dijo...

Cristinha, tes a facultade innovadora e intelixente de facer imaxes mesturadas coas verbas!

A poetisa... sen dúbida!

Grazas e unha aperta forte.

Marisa dijo...

Cristinha as tuas verbas
non deixan indiferente,
teñen o don de chegar
ata nos como saídas
de adentros nunca
antes paridos.

Un biquiño.