8.1.10

cara Java














No fondo da escena limpabamos a auga e furgabamos nas caixas buscando peixes mortos, cos ollos saídos en postura de agardar nada. A luz non era suficiente.
Despois o frío de nove invernos entrou nos laboratorios e nas casas de contrabando, con violacións de morada, violacións demoradas,
escenarios acantilados, soldados derretidos,
cabalos correndo cara Java,
area nos zapatos.

2 comentarios:

  1. Case que da medo
    imaxinando a eses
    peixes mortos cos
    ollos saídos.

    Que teñas un
    bo 2.010.

    Biquiños.

    ResponderEliminar
  2. E forte, e sinto
    como me rasca a pel,
    dame frio,
    e medo.



    Un biquiño Cristina.

    ResponderEliminar