27.8.10

censura

Hai así un ano visitei o sur: fun participar na Semana de Arte Contemporaneo dun Pobo deses de verán que ulen a crema queimada. Dei alí un recital e bla bla. E ademais puxen un pequeno gran de area nun mural que alí se fixo; unha pequeniña frase espontánea. Marabillosa viaxe. Xenial experiencia. De non ser por.

Por.

Porque.

Levo meses cavilando no asunto. Meses dende que me enterei de que ese mural foi eliminado, borrado, suprimido; enviado a unha papeleira de reciclaxe que non ten a opción de restaurar ningún elemento. Polo que cheguei a saber, é que era moi feo.

Levo meses cavilando no asunto, na traxedia, no trauma.

Sopoñemos unha vida nun país [ou o que sexa isto] de libre expresión, un país que asente avogar pola arte contemporánea; pero en realidade drogadictorio. A súa única defensa, a arte institucionalizada. A súa única defensa, a súa moralidade pre-programada. Non vaia desprezar isto calquera tipo de expresión inconsecuente! Non sexamos ilícitos! Non confundamos aos turistas! 

Cavilo na traxedia, no trauma.
Adoito dicir que aquí segue habendo censura. Moitos rin con iso. ¡¡Cómo va a haber censura en España!!


Mural en Estepona, financiado por la concejalia de Juventud y realizado por: Marta Aguirre, Clara Jimenez, Ursula Tutosaus, Silvia Martin, Cristina Ferreiro, Jose Ramon Lozano, Bernardino Sanchez, Patricia Picon e Ivan Izquierdo



visita aos artistas plásticos:



No hay comentarios:

Publicar un comentario