adormezo pensando nun texto anegado por algunha substancia da memoria. parece que afogou o bosco. parece que os soños novelados nunca chegaron a ser escritos.(*1)
desfollo libros.
énchese un charco. e algo hai que parece decidir que nada disto me pertence.
dubido-levito-dubido-levito.
deberías saber que de nena soñaba que perdía os dentes.
o corpo despréndese, divídese en partes, afogo nos meus delirios.
deberías saber que soñaba con guerras e incendios.
desfollo libros.
arde o charco. (*2)
despois de escribir isto libero un poema que viaxou durante días.
un poema que se cruzou con outros poemas.
unha páxina tocada por outra man, dobrada por outra man.
e eu persigo os rastros: debuxo cos dedos nos versos.
[deberias saber que conto as veces que entras nesta páxina]
(*1)
Agardaba ingrávida a esculca alén do abismo da raizame: como unha
orde disparoulle un verbo ao tempo: e foi o volcán do ser : e foi fin e
inicio: preñou o baleiro de voz: a través do útero da luz emerxeu o
verso: todo o ser aquí, agora, nesta noite, foi eterno ata a amencida.
(*2)
patterns in the ivy II_opeth
Un poema que voando, crúzase con outros poemas... evocacións das túas mans. Grazas pola canción!
ResponderEliminarhoxe podería ser un bo día
ResponderEliminarde ter sido outro día calquera
es un fermoso cuadro bifrontal
coidate pequena
Melancólico, profundo... Esa forma tan propia de expresar. Me gusta.
ResponderEliminardubido-levito-dubido-levito.
ResponderEliminarYo soñaba, y sueño, con marañas, ramajes y alcoholes estivales;
muy-bonito-poema-cristina.
^^ ahora entiendo algunas cosas! ;D
ResponderEliminar"Poeta quer dizer Possesso. Não devemos confundir os artistas do verso com os criadores de Poesia. Os primeiros interessam apenas à Literatura, ao passo que os segundos têm um interesse vital e universal, como uma flor ou uma estrela" Teixeira de Pascoaes.
ResponderEliminarobrigado pola cita (*1)... ás veces semella que cando botas algo ao espazo cósmico dos media non o vai ler ninguén, ou como moito os amigos, e semella que estás a falar para as paredes... mais a internet ten estas cousas do feedback inesperado e fóra de toda sincronía, e hoxe atopei iste anaco do materialquimia no teu blog... non deixes nunca de escribir, igual que agroma a flor ou brilla a estrela anque ninguén estea a ollalas... brillan e agroman simplemente porque SON.
xcn.
moitas gracias pola túa visita, e polas túas palabras. un pracer que atopases a cita, saúdos.
ResponderEliminar