20.8.09

agosto

unha muller canta na praza
unha pomba multicolor atravesa case os meus pés

Miro o escaparate da libraría máis famosa da cidade
Aznar solventando crisis, lugares que visitar,
qué hacer si tu hija es anoréxica qué hacer para aprender a cocinar.

Hai uns días puiden escoitar abraiada a unha poeta uruguaya
no sur
pero
alguén está interesado no seu nome?

Hai máis días dei un recital nun pobo tamén do sur
un pobo que talvez nunca foi pobo
un Sanxenxo a grande escala en xullo cecais primeiros de agosto.

Atopei tres descoñecidos interesados.
Iso, entre unha masa de transeúntes paseomarítimos,

é moito.

Participei tamén nunha performance e os únicos que se atreveron a meter man
foron dous medioborrachos que querían iso,
meter máis mans e beber mojitos.

Despois de todo isto pregúntome que merda é o que siguen ensinando nas escolas. Dúas mulleres tomando café nun paseo marítimo sobre unha mesiña de salón de estar, unha mesiña con manteliño, acuario con peixes de cores, e unha pranta con flores, e cada unha un xornal, son unhas tolas e mellor é volve-la cabeza pra mirar cando elas xa non te ven.
Descubran! Descubran! Producide invernos para pasar veráns con cheiro a crema queimada na costa!! [en costas sen olor a mar, por suposto]

Sen embargo, noutras divisións dese pobo canceríxeno,
na terraza dun ático de contrabando e con gintonics frescos,
dei coa lúa, con marte, e con grandes palabras.

E, sen embargo, noutros pequenos lugares do sur,
dei con boas divisións
entre atardeceres e ventiladores laranxas.



Non sei ben por que, este verán dame noxo
todo o que non pode chamarse Poema.


recital con videoproxección de úrsula tutosaus

recital con pintura en vivo de clara lorca e ivan izquierdo

performance de úrsula tutosaus

atardecer en graná

4 comentarios:

  1. Non te cabrees cos transeuntes paseomarítimos, somos un pouco simples e entender a poseía cóstanos. Eu non sei que faría se vira no paseo unha mesiña con mantel e peceira, dúas "tolas" e unhs periódicos... probablemente tamén mirara de reollo cando as vellas tolas xa non me viran, costaríame moito asimilar a singularidade da situación.

    Encántame a túa loita contra a pasividade dos transeuntes. Bicazos, moito ánimo e sobre todo noraboa.

    ResponderEliminar
  2. O problema quizáis non esté
    no que ensinen nas escolas,
    poida que sexa en todo o que
    rodea o escolar.

    Que o que queda do verán
    che sea de proveito.

    Biquiños

    ResponderEliminar
  3. que pena que todo de noxo este verán

    ResponderEliminar
  4. Hola Cristina, qué escribiste en el muro?

    ResponderEliminar