24.9.10

Sufrir en público

Algunhas veces sucede. Sufrir en público sucede cando menos o esperas. Levaba meses intentando encontrarme con isto, co Sufrir en público. Sufrir no cine. Sufrir na literatura. (Pero na literatura, para que?) Dérame á creba. Rendinme. Fixeron do centro de Lugo un verso que só entende de Espiral Maior e Visor. Un centro lucense que entende só de Visor e Espiral Maior e non hai nada máis para os inxenuos inconformistas de guarradas ilícitas nos que me asumo: consumidores de poesía;

con-sumidoiros.

Breves. Chungos. Ilóxicos extraterrestres. E sen embargo, alonxeime un pouco e dei de bruzos con Sufrir en público ao fin. Fóra de toda Muralla Trama sabe de Bardos e Renacementos e incluso sabe de libros de autor. In-com-pren-si-ble. Libros-de-autor. Trama está lonxe da miña casa. Pero Trama sabe de Sufrir en público e sabe de Bardo Colección de Poesía e sabe da Editorial Renacemento e sabe que hai que Sufrir en público e sufrir no cine pero non na literatura e iso aquí, calquera cousa aquí, neste pobo, resulta algo tirado á ficción: dentro da Muralla Bardos e Renacementos non existen, e non existen Bailes ao Sol, nin Arrebatos nin Eneidas. Non existen nen sequera Hiperións. Pero algunhas veces sucede: algunhas veces Sufrir en público resulta inevitable. Resulta.



A veces
vivo sin vivir en mí

pero no por ello
mi casero me rebaja el alquiler.

(De Sufrir en público)



Me introduje
en los bajos fondos
para buscarte
amor
y casi me arrolla
el metro

(De Lógica Sentimental)



2 comentarios: